A Coruña
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | A Coruña | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 247.376 (2023) (6.539,15 hab./km²) | ||||
Xentilicio | coruñés, brigantino, herculino, cascarilleiro | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 37,83 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 21 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa da Coruña | Inés Rey (2019–) | ||||
Eleccións municipais na Coruña | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15001–15011 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 981 y 881 | ||||
Código INE | 15030 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | coruna.gal | ||||
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña[1] e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612)[2] e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.[3]
A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.
Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX. Estas déronlle á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal.[4] Destacan tamén as súas numerosas praias e o medio rural, que ofrecen múltiples posibilidades de lecer.
Xeografía
[edit | edit source]A cidade está situada no extremo noroccidental da Península Ibérica, pertencendo a un saínte de terra da provincia da Coruña, entre a ría da Coruña, que baña o lado leste da cidade, e a enseada do Orzán, que baña as principais praias da cidade situadas no lado oeste desta. Limita ao norte co océano Atlántico, ao suroeste co concello de Arteixo, ao leste co concello de Oleiros e a ría da Coruña, e ao sur co concello de Culleredo.
O concello está formado por cinco parroquias: A Coruña, Elviña, Oza, San Cristovo das Viñas e Visma.[5] Estas catro últimas formaban o antigo concello de Oza, que foi anexionado ao da Coruña en 1912. Esta zona foi a principal zona de expansión da cidade dende metade do século XX, polo que numerosos núcleos de poboación pertencentes ás parroquías anexionadas foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor.[6][7][8] As parroquias do concello aglutinan oficialmente un total de 54 entidades de poboación segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia,[5] 45 segundo o do IGE.[9]
A Coruña esténdese a partir dunha península coa forma de T, de istmo chairo e suaves outeiros pouco escarpados.[10] Algúns destes outeiros fóronse integrando na cidade coa súa expansión a partir de 1940, como os de Monte Alto, Santa Margarida, Eirís e A Zapateira. Outros foron convertidos en zonas verdes (Bens e monte de San Pedro). Gran parte da extensión portuaria e Os Cantóns son zonas gañadas ao mar. No territorio do concello existen algúns cursos fluviais, todos eles parcial ou totalmente canalizados e soterrados, dos que o río de Monelos é o máis sobranceiro.
As illas de San Pedro separadas do monte homónimo por unha estreita canle foron declaradas de xeito provisorio espazo natural de interese local no ano 2009.[11]
Praias
[edit | edit source]- Artigo principal: Praias da Coruña.
A Coruña ten varios quilómetros de praias, sendo as máis coñecidas a praia de Riazor e a praia do Orzán, pola súa situación en pleno centro da cidade e bordeadas polo paseo marítimo. Esta localización convérteas nun grande atractivo para os turistas, sendo ademais punto de encontro de surfeiros boa parte do ano.
Cinco das praias da Coruña obtiveron o distintivo de bandeira azul en 2019:[12]
Hai outras praias na cidade que non recibiron Bandeira Azul, como as de San Roque, praia de Durmideiras e Bens.
Distritos
[edit | edit source]A Coruña está dividida en dez distritos que se responden coas siguintes zonas:
Distrito 1: Cidade Vella, parte da Praza de España, San Andrés, parte da Praza de Pontevedra, Juana de Vega, Praza de Mina, San Agustín, A Mariña, Os Cantóns e Orzán.
Distrito 2: Panadeiras, parte da Praza de España, Monte Alto, A Torre, Orillamar, Paseo Marítimo ata María Pita, Matadeiro, Zalaeta, Pedro Barrié de la Maza e Durmideiras.
Distrito 3: Parte de Juana de Vega, parte da Praza de Pontevedra, Juan Flórez, parte baixa da Avda. Finisterra, parte da Ronda de Nelle, Fernández Latorre, Catro Camiños, A Palloza, parte da Avda. de Oza, Ramón y Cajal e parte da Avda. do Exército.
Distrito 4: Parte alta da Avda. de Finisterra, Estación de San Cristovo, Joaquín Planells, parte da Ronda de Nelle, Os Mallos, parte da Ronda de Outeiro, San Luis, Vioño, Avda de Arteixo e Sagrada Familia.
Distrito 5: Parte da Praza de Pontevedra, Alfredo Vicenti, Fernando Macías, Praza de Portugal, Paseo das Pontes, Manuel Murguía, Calvo Sotelo, Labañou, Cidade Escolar, O Portiño, San Pedro de Visma, Estrada dos Fortes e Os Rosales.
Distrito 6: Parte da Ronda de Nelle, Rúa Barcelona, Agra do Orzán, parte da Ronda de Outeiro, Entrepeñas, Bellavista, As Conchiñas, A Gramela, Praza do Comercio e Avda. de Finisterra ata Avda. de Peruleiro.
Distrito 7: Parte da Avda. de Oza, Os Castros, O Castrillón, Segunda fase do polígono de Elviña, Monelos, Barrio das Flores, Matogrande, Zona Gaiteira, O Birloque, San Cristovo das Viñas, Someso e parte do Martinete.
Distrito 8: As Xubias, A Pasaxe, Santa Xema, Palavea, Eirís, Casabranca, Curramontes, A Madosa, Avda de Monserrat, A Regueira e Pedralonga.
Distrito 9: Lugar de Elviña, A Zapateira, Mesoiro, Novo Mesoiro, parte de Martinete, Pocomaco, As Rañas, Igresario, Feáns e Polígono de Vío.
Distrito 10: A Grela, A Silva, O Ventorrillo, A Moura, Lugar de Cances, Fontenova, Lugar de Bens, Comeanda, Penamoa, Nostián e San Xosé.
Clima
[edit | edit source]A cidade ten un clima morno con verán seco e suave de tipo "Csb" na última actualización da Clasificación climática de Köppen. Trátase dun clima de transición entre o clima oceánico de tipo "Cfb", que é o predominante en latitudes máis setentrionais do continente europeo, e o clima mediterráneo de tipo "Csa". A condición costeira da cidade impide que exista unha gran diferenza térmica entre as catro estacións do ano e entre as temperaturas máximas e mínimas do día. De feito, entre as temperaturas medias do inverno e as do verán hai unha diferenza de menos de 9 °C. Os invernos son suaves e chuviosos con xeadas pouco frecuentes, e os veráns temperados, e hai precipitacións combinadas con tempadas de sol. Ten unha humidade anual media arredor de 77%.
As temperaturas non adoitan superar os 30 °C nin baixar dos 0 °C, sendo as temperaturas históricas rexistradas na cidade: 39,6 °C de máxima o 28 de agosto de 1961, e -10,0 °C de temperatura mínima. As choivas son abundantes, cunha pluviometría media anual de 1014 mm, sendo novembro o mes máis chuvioso cun rexistro medio de 138 mm.
Os días ventosos e de temporal son frecuentes nos meses de outono e inverno, rexistrándose fortes refachos de vento que poden superar os 100 Km/h, e sendo de 160 Km/h o refacho máis forte rexistrado na cidade e que se produciu o 16 de febreiro de 1941.
Datos climáticos para A Coruña - 58m - (1981-2010) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 21,2 | 27,4 | 28,2 | 31,6 | 34,0 | 34,8 | 34,5 | 39,6 | 31,4 | 31,5 | 25,0 | 25,6 | 39,6 |
Media máxima en °C | 13,5 | 14,1 | 15,5 | 16,2 | 18,1 | 20,6 | 22,1 | 22,8 | 22,0 | 19,1 | 16,0 | 14,1 | 17,8 |
Media diaria en °C | 10,8 | 11,1 | 12,4 | 13,0 | 15,0 | 17,4 | 19,0 | 19,6 | 18,6 | 16,1 | 13,3 | 11,5 | 14,8 |
Media mínima en °C | 8,1 | 8,0 | 9,2 | 9,9 | 12,0 | 14,3 | 15,9 | 16,4 | 15,2 | 13,0 | 10,5 | 8,9 | 11,8 |
Temperatura mínima en °C | −2,0 | −3,0 | 0,6 | 2,0 | 2,2 | 4,2 | 9,9 | 9,4 | 5,2 | 4,0 | 1,0 | −10,0 | −3,0 |
Precipitación media mm | 112 | 88 | 75 | 88 | 75 | 44 | 34 | 35 | 64 | 130 | 138 | 131 | 1 014 |
Media de días con precipitacións | 14 | 12 | 12 | 13 | 11 | 7 | 6 | 6 | 8 | 13 | 14 | 15 | 130 |
Media de horas de sol mensuais | 102 | 121 | 160 | 175 | 201 | 225 | 239 | 244 | 192 | 149 | 108 | 94 | 2 010 |
Fonte: Organización Meteorolóxica Mundial,[14] AEMET[15] |
Demografía
[edit | edit source]A poboación da cidade era de 243 870 habitantes no 2015 repartidos en 45 entidades de poboación, contando o núcleo urbano con 213 934 habitantes e constituíndo desta forma o maior núcleo de poboación de Galicia segundo o IGE. A poboación da súa comarca acadou nese ano os 396 728 habitantes, abarcando oito concellos lindeiros: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.[9]
Evolución da poboación da Coruña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
44.057 | 71.511 | 127.518 | 231.821 | 242.846 | 246.056 | 246.028 | 246.146 | 245.923 | 244.810 | 243.870 | 243.978 | 244.099 | 244.850 | 245.711 | 247.604 | 245.468 | 245.541 | 247.376 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Gráfica de evolución demográfica de A Coruña entre 1842 e 2023 |
Entre o censo de 1920 e o anterior, medra o termo do concello porque incorpora a 15502 (Oza - Partido da Coruña).[16] |
O ritmo de crecemento de poboación observado dende comezos de século tende a descender no concello central fundamentalmente por dous factores:
- Descentralización residencial: estase a producir un continuo desprazamento das áreas de residencia cara aos concellos da área metropolitana, onde viven máis de 100.000 habitantes, motivado pola falta de solo e de vivenda que causa unha grande actividade especulativa. Unha situación como esta non favorece o establecemento de novas familias ou a emancipación dos mozos. Tamén a orientación da demanda cara ás vivendas unifamiliares, baleira amplas zonas da cidade, especialmente o centro histórico —chamado Cidade Vella—, onde a poboación residente non chega ós 20 000 habitantes.
- Crecemento vexetativo negativo: dende o ano 1991 na Coruña morren máis persoas das que nacen. O número de defuncións superaba en 1991 nun 20% ao de nacementos. O ano 2008 foi o primeiro no que se rompeu esta tendencia, cun saldo vexetativo lixeiramente positivo (2.238 nacementos por 2.232 defuncións).
Censo total (2015) | 243.870 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 31.181 (12.79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 155.464 (63.75 %) |
Maiores de 65 anos | 57.225 (23.46 %) |
A pesar destes datos, a poboación semella volver a medrar. Isto é debido á inmigración, aínda que esta inmigración era nos anos oitenta e noventa do século XX de emigrantes retornados, profesionais e retirados, poboación madura polo tanto. A comezos do século XXI, a maior parte de inmigrantes é de xente nova de Suramérica sobre todo, sendo menor o valor dos procedentes dende Extremo Oriente, África Subsahariana e Europa oriental. Así, A Coruña conseguiu recuperar case toda a súa poboación, situándose no 2009 a só 897 habitantes (246 056) do seu récord de poboación (246 953 habitantes) acadado en 1991.
A poboación da Coruña ten unha idade media de 45,9 anos e ten un índice de envellecemento (razón entre os maiores de 64 anos e os menores de 20) de 149,8, o segundo maior das sete cidades galegas despois de Ferrol. Non obstante os dous datos están por debaixo da media de Galicia.[17]
Inmigración
[edit | edit source]Principais nacionalidades estranxeiras (2015)[18] | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición | Lugar de nacemento | Poboación | |||||
1ª | Venezuela | 2609 | |||||
2ª | Arxentina | 2066 | |||||
3ª | Colombia | 1698 | |||||
4ª | Uruguai | 1640 | |||||
5ª | Brasil | 1517 | |||||
6ª | Cuba | 1494 | |||||
7ª | Perú | 1394 | |||||
8ª | República Dominicana | 1250 | |||||
9ª | Reino Unido | 1155 | |||||
10ª | Francia | 828 | |||||
11ª | Senegal | 804 | |||||
12ª | Romanía | 782 | |||||
13ª | Portugal | 719 | |||||
14ª | Alemaña | 707 | |||||
15ª | Marrocos | 547 |
A pesar de que case a metade da poboación da Coruña naceu no propio municipio (48,2% e 117 588 habitantes), hai unha porcentaxe importante de residentes nados noutras localidades da provincia (22,2 % e 54 081 habitantes) e doutras provincias galegas (10,8 % e 26 363 habitantes). Unicamente o 8.2 % da poboación da Coruña naceu noutra comunidade autónoma, o que supón 19 992 habitantes, mentres que o 10,6 % restante da poboación naceu no estranxeiro. Son precisamente os cidadáns estranxeiros os que nos últimos anos fixeron aumentar o padrón da capital coruñesa. O efecto da inmigración afecta igualmente á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.[17] Porén, dende 2012 o número de habitantes nado no estranxeiro permanece estable: 25 609 en 2012, 26 059 en 2013 e 25 767 en 2014.[19]
En 2015 residían na cidade da Coruña un total de 25 846 estranxeiros, dos cales a meirande parte eran orixinarios de América (cun total de 15 828 habitantes, principalmente de Suramérica e en especial de Venezuela e a Arxentina) e por detrás outros cidadáns europeos (7092 habitantes, principalmente cidadáns doutros países da Unión Europea, salientando os 1155 cidadáns británicos). Moi por detrás están os cidadáns africanos (2044 habitantes, principalmente de nacionalidade senegalesa, con 804 habitantes), os asiáticos (840 habitantes, case todos chineses —489 —) e finalmente os cidadáns de Oceanía e os apátridas, que apenas xuntan entre os dous 42 habitantes.[17]
Morfoloxía urbana
[edit | edit source]Tradicionalmente a cidade estaba formada por tres barrios, a Cidade Vella (a cidade medieval), a Pescaría[20] (a cidade do século XIX, tamén chamada Pescadería ou Peixaría[21][22]) e o núcleo agrícola de San Tomé ou Atochas. Había outros núcleos rurais e ademais a poboación comezara a asentarse na zona de Garás-Santa Lucía, por onde se creou o Ensanche (a cidade do século XX).[23]
Na década de 1950 a cidade ademais dos catro núcleos anteriores xa se vía dividida noutras áreas: o Orzán, Monte Alto, Riazor (coa Cidade Xardín e a Cidade Escolar), as áreas urbanizadas arredor do parque de Santa Margarida (grupo de vivendas Juan Canalejo, Os Mallos) e Catro Camiños (Santa Lucía-A Falperra, A Coiramia-San Luís, A Palloza). A zona de Monelos, A Gaiteira, A Cubela e Os Castros (outeiros de Oza) comezaba a incorporarse ás áreas urbanas.[23] A partir deses anos estendeuse a zona urbana por barrios como A Agra do Orzán, Labañou, a Sagrada Familia,[24] O Castrillón, Monte das Moas ou A Sardiñeira. Entre 1940 e 1990 tamén se crearon zonas planificadas como Durmideiras,[25] o Barrio das Flores, Matogrande, O Ventorrillo, o Polígono de Elviña, Zalaeta e As Roseiras.[26] [27]
O crecemento da cidade integrou na trama urbana lugares como Agrela, O Birloque, A Cabana, O Martinete, Pedralonga, Monserrat, Vioño,[28] San Roque de Fóra, Eirís de Arriba, A Madosa, Curramontes ou Someso.
Dentro do concello continúan a existir núcleos rurais como Bens, Mazaído, Comeanda, Cances, A Silva, Fontenova, A Moura, Elviña, O Castro de Elviña, Feáns, Mesoiro, Nostián, Palavea, O Portiño, As Rañas, San Cristovo das Viñas, San Pedro de Visma, Santa Xema, Río de Quintas, Vío ou As Xubias, ademais das vivendas unifamiliares e urbanizacións da Zapateira.[28]
Historia
[edit | edit source]- Artigo principal: Historia da Coruña.
A cidade estendeuse a partir da construción na restinga formada entre a illa onde hoxe se asenta a Torre de Hércules e o continente. A parte máis antiga, coñecida popularmente como Cidade Vella, Cidade Alta ou A Cidade, está edificada na parte meridional da península. O Centro era A Pescaría, e nela asentábase o gremio dos mareantes ou pescos.
Asúmese que A Coruña pode ser a poboación que Tolomeo menciona no século II d. C. como Brigantium; estaría habitada polos ártabros. Os romanos asentáranse nela nos séculos II e I a. C. e esta vila comezou a medrar, en particular durante os séculos I e II d. C. (cando se constrúe a Torre de Hércules), para decaer a partir do século IV d. C. e especialmente coas incursións normandas, que parece que fixeron fuxir a poboación cara ao interior da ría do Burgo.
A poboación recibe na alta Idade Media o nome de Faro, nome que non debe confundirse co de Burgo de Faro, que foi a poboación que no século XII chegou a ter certa importancia coa encomenda templaria e que comprende a extensión entre O Burgo e O Temple, cara ao concello de Culleredo.
En 1208, o rei galego Afonso VIII refunda Crunia como porto de reguengo (iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia) e a vila enceta un gran desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. Trala invasión castelá de 1483, os Reis Católicos instalan nesta cidade a Real Audiencia do Reino de Galicia, abandonando Compostela, para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña será tamén a sede do capitán xeneral. A Xunta do Reino de Galicia consegue entre 1522 e 1529 que Carlos I lle conceda a Casa da Especiaría, o que lle permite distribuír en Europa as especias. O 24 de xullo de 1525 saíu do porto da Coruña a Expedición de García Jofre de Loaísa. Autorízase o comercio coas Indias entre 1529 e 1575.
A partir de 1764, coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquire o pulo portuario e comercial definitivo. Créanse o Consulado do Mar e restáurase a Torre de Hércules. En 1804 creouse a Fábrica Nacional de Cigarros, berce do movemento obreiro e durante o século XIX fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos etc.), aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. O Banco de La Coruña fundouse en 1857 e a Caja de Ahorros en 1876. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de 1832, que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Como consecuencia, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.
Nesta cidade reuniu Carlos I as Cortes que o coroarían emperador; do seu porto partiu en 1554 Filipe II para casar con María Tudor e en 1588 a Armada Invencible. Francis Drake cercouna en 1589 durante a batalla contra a Armada Inglesa pero foi rexeitado e naceu entón o mito de María Pita cando esta muller colleu a arma do seu home morto e continuou disparando. En 1809, durante a guerra da Independencia española, as tropas francesas acosaron ás inglesas que fuxían e o xeneral inglés Sir John Moore morreu na batalla de Elviña. En 1815, o mariscal Porlier pronunciouse contra Fernando VII e marchou co exército sobre Santiago; preso, foi enforcado no Campo da Leña.[30] En tódolos levantamentos do século XIX, A Coruña aliñouse do lado liberal. A Coruña xogou tamén un papel vital no Rexurdimento e nela fundáronse a Real Academia Galega en 1906 e as Irmandades da Fala en 1916.
A comezos do século XX, A Coruña contaba cuns 45.000 habitantes, que se multiplicaron até os 100.000 despois da guerra civil española. A partir da década de 1960, recobrou a iniciativa empresarial que perdera desde comezos de século da man do gran promotor da cidade, Pedro Barrié de la Maza (Banco Pastor, Fenosa, Aluminios de Galicia, Genosa, Emesa etc.); obtivéronse tamén a refinaría de petróleo e algúns dos primeiros Polos de Desenvolvemento.
Xa na democracia, aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, co que A Coruña perdeu a capitalidade de Galicia, que mantiña desde 1563,[31] en beneficio de Santiago de Compostela, feito que provocou a manifestación de protesta máis multitudinaria da historia da cidade.[31]
Desde 1983 ata 2006 foi alcalde Francisco Vázquez Vázquez, que acometeu unha renovación da súa fisionomía e a conversión nunha cidade de servizos, pero tamén contou con críticas pola súa falta de respecto á lingua galega e pola súa actuación urbanística. Nesta etapa construíronse o paseo marítimo, a Casa das Ciencias, a Domus ou o Aquarium Finisterrae, entre outros. O 20 de xaneiro de 2006 o Consello de Ministros nomeou a Paco Vázquez embaixador no Vaticano, co cal tivo que deixar o seu posto de alcalde. Despois da súa renuncia o novo alcalde foi Javier Losada.
No ano 2008 celebrouse o 800 aniversario de refundación da Coruña por Afonso IX en 1208 e o 200 aniversario da batalla de Elviña, feito que marcou profundamente a vida dos coruñeses da época.
O 29 de xuño de 2009, a Torre de Hércules, o milenario símbolo da cidade, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, tras unha intensa campaña de apoio tanto institucional como cidadán.
Economía
[edit | edit source]O termo municipal da Coruña é o pulmón dos sectores comercial e de servizos de toda a área metropolitana e a máis importante área nestes dous aspectos de toda Galicia e do noroeste peninsular.
Estes dous sectores representan máis das tres cuartas partes da totalidade da actividade económica do termo municipal. Os sectores da industria e da construción incrementaron a súa participación económica na cidade nos últimos anos; non obstante a súa localización xeográfica radica principalmente nos municipios situados na área metropolitana.
Segundo o informe Ardán, elaborado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, A Coruña é actualmente a comarca máis próspera de Galicia, e un dos seus motores económicos. O seu PIB empresarial é de 3.486 millóns de euros, representando máis do 33% do total de Galicia no ano 2007. A cidade conta cun orzamento consolidado de máis de 370 millóns de euros anuais, a repartir entre os gastos do Concello e as súas dúas principais empresas, a Compañía de Aguas da Coruña (que dá servizo a gran parte da provincia) e a Compañía de Tranvías da Coruña, que ten a concesión dos autobuses urbanos e do tranvía da cidade.
A cidade converteuse en 2007 no meirande centro financeiro e de negocios de Galicia.[32] Sede das entidades financeiras Banco Pastor e Caixa Galicia, que trala fusión con Caixanova pasou a chamarse Novacaixagalicia. Na cidade atópanse sedes dalgunhas empresas importantes, como a cervexeira Estrella Galicia, a empresa de telecomunicacións R, o diario La Voz de Galicia, a refinaría de Repsol YPF, a planta de aluminios de Alcoa ou a fábrica de armas de General Dynamics (antiga Santa Bárbara). A cidade conta cun pazo de Congresos e outras institucións relacionadas como o Club Financeiro da Coruña. En 2008 inaugurouse o Recinto Feiral da Coruña, chamado Expocoruña.
Industria
[edit | edit source]Nos seus límites locais, a cidade conta con dous polígonos industriais: o da Grela-Bens, o primeiro parque industrial en extensión de Galicia con máis de 600 empresas, e o de Pocomaco-Vío, que dá servizo a unhas 400 empresas. Na área metropolitana están situados outros importantes polígonos, principalmente na zona suroeste (Arteixo e Culleredo), como o Polígono de Sabón, que alberga a sede central da multinacional Inditex e a central térmica de Sabón, entre outras industrias. Outros polígonos destacables da área metropolitana son os de Alvedro, Barcala, Meicende e Espírito Santo.
Os grandes motores industriais dentro dos límites municipais son a refinaría de petróleo de Repsol, inaugurada en 1964, e a metalúrxica de aluminios.
Comercio
[edit | edit source]A zona comercial tradicional está situada no barrio da Pescadería (Zona Obelisco),[33] especialmente na rúa Real. Esta rúa peonil segue a ser un dos principais eixos comerciais e de lecer dos coruñeses.[34] Na mesma área existen outras arterias comerciais como as rúas de Santo André e do Orzán;[35] as rúas dos Olmos, Galera, Barreira e Franxa; a rúa Rego de Auga e a praza do Humor, centro do tradicional botellón coruñés e dedicada aos principais humoristas e escritores galegos. Destacan tamén as rúas Juan Flórez e Federico Tapia,[36] arredor da praza de Lugo, agrupadas no Distrito Picasso.[37]
Outra zona comercial é a rúa Barcelona,[38] rúa peonil da Agra do Orzán, que é unha das rúas máis transitadas de Galicia.[39]
Por outra banda, a actividade comercial da cidade non se limita só á zona centro. A política de peonalización de diversas rúas da cidade deu un pulo definitivo a determinados barrios, xurdindo "subcentros" comerciais en zonas anteriormente máis abandonadas ou con menor vocación comercial. Nesta categoría destacan a rúa da Gaiteira (barrio da Gaiteira), rúa Ángel Senra (Os Mallos), Centro Comercial Elviña etc. Por este motivo pódese dicir que A Coruña é unha cidade policéntrica, xa que a actividade comercial se acha espallada polos distintos barrios herculinos.
A Coruña conta cunha rede de mercados municipais formada por oito instalacións espalladas por distintos barrios:[40] Santo Agostiño (na Pescadería), Santa Lucía, Conchiñas (Agra do Orzán), Ramón Cabanillas (Mallos), Monte Alto, Palavea, Elviña e Eusebio da Guarda (Ensanche). Estes dous últimos foron rehabilitados e convertidos ademais en centros comerciais. A materia prima que fornece estes Mercados é especialmente o peixe e o marisco, traído diariamente das poxas de Pescado Fresco que teñen lugar nas Lonxas do Porto da Coruña.
A zona dos arredores da praza de Catro Camiños ten tamén grande importancia comercial, xa que as primeiras grandes superficies comerciais da cidade se asentaron neste barrio a mediados dos anos 80.[41] O centro comercial, aberto en 1987,[42] foi o primeiro da cidade. En 1996 abriu o centro comercial Los Rosales.[43]
A principios do século XXI ampliouse o número de grandes centros comerciais coas inauguracións de Dolce Vita (2008)[44] e Espacio Coruña (2009)[45] En 2011 inaugurouse Marineda City, que foi o centro comercial maior de España.[46] Porén, Dolce Vita pechou as súas portas en 2014.[47] No centro da cidade sitúase Los Cantones Village,[48] antes El Puerto Centro de Ocio,[49] que sufriu diferentes reformas.[50] Hai ademais outros centros máis pequenos como as galerías do barrio das Durmideiras, Torre Trébol, Torre dos Mestres, Catro Camiños, Ramón y Cajal ou as máis modernas do Bulevar do Papagayo.[51]
Turismo
[edit | edit source]A Coruña, cidade na que ninguén é forasteiroSergio Peñamaría de Llano, alcalde da Coruña dende 1959 a 1963 [52]
O turismo na Coruña foi en aumento nos últimos anos ata chegar a recibir 62 cruceiros ao ano. Un dos impulsores deste turismo é o paseo marítimo que bordea toda a cidade, de 13 quilómetros de lonxitude. Existe ademais un carril bicicleta que o percorre na maior parte do traxecto. Ademais, trátase dun paseo cultural, porque á súa beira situáronse varios museos da cidade como poden ser a Domus ou o Aquarium Finisterrae. No paseo tamén podemos atopar o Castelo de Santo Antón, que contén o museo arqueolóxico, ou a Torre de Hércules.
Hoteis | ||||
Categoría | # | Habitacións | ||
Estrelas | 1 | 92 | ||
10 | ||||
3 | ||||
5 | ||||
9 | ||||
Total | 28 | |||
Fonte: turismocoruna.com |
No ano 2006 e por primeira vez na súa historia, a cifra de turistas duplicou a poboación da cidade, chegando ao medio millón de visitantes. En 2010 o número de turistas superou o millón e medio.[53]
A cidade conta cunha ampla rede de hoteis, cadeas internacionais e negocios locais, que ofrecen entre ambos unha oferta hostaleira de máis de 3.500 camas. A Coruña conta cun hotel de cinco estrelas, o Hotel Finisterre (cadea Hesperia), e con trece de catro estrelas: o Hotel AC A Coruña, Attica 21 Coruña, Sercotel Blue Coruña, Carrís Marineda, Eurostars Ciudad de A Coruña, Hesperia A Coruña, Husa Center, Meliá María Pita, NH Atlántico, Hotel Plaza, Hotel Riazor, Tryp Coruña e Zenit Coruña.
As autoridades da cidade teñen acudido a Feira Fitur para promocionar a cidade como destino turístico en recentes edicións. No ano 2024 reclamaron o papel dos propios coruñeses como valor da cidade.[54]
Zonas de lecer
[edit | edit source]A zona de lecer nocturno por antonomasia na cidade é a do Orzán, preto da praia homónima. A maioría de pubs e locais de lecer nocturno atópanse nas rúas do Socorro, Sol, Orzán e Corralón. Outro núcleo de lecer próximo está arredor da praza de José Sellier Loup e as rúas Picos e Vista.
Tamén pódese trasnoitar en Monte Alto (arredor da rúa Orillamar), na zona da praza de España e na Cidade Vella (arredores da praza de Azcárraga e rúa San Domingos).
A animación afterwork concéntrase nas rúas do ensanche, entre Juan Flórez e Juana de Vega, así como en Matogrande, áreas nas que tamén se pode pasar un bo anaco despois de cear.
Paralelo á rúa Real está o eixo formado polas rúas Estrela, Olmos, Galera, e Franxa, que xunto coa rúa da Barreira constitúe unha zona de restauración moi concorrida onde se sitúan as tascas e marisquerías máis típicas da cidade. A praza do Humor, dedicada aos principais humoristas e escritores galegos foi o primeiro centro do botellón coruñés, práctica trasladada a partir do 2008 aos Xardíns de Méndez Núñez.
Tralo peche das principais discotecas, os locais after-hours sitúanse na zona de Juan Flórez.
Infraestruturas
[edit | edit source]Estradas
[edit | edit source]Por vía terrestre, a rede de autoestradas e autovías norte-sur comunícana co resto de España e Portugal, mentres que un conxunto de vías rápidas, que circunvala o perímetro da cidade e o seu primeiro anel industrial, culmina a comunicación por estrada.
A cidade está servida por tres arterias principais de acceso:
- A autovía A-6, que a través da Terceira Ronda conecta a cidade con Lugo, a Península e Madrid, e ten un ramal ó aeroporto de Alvedro. A estrada N-VI tamén comunica a cidade co interior de Galicia.
- A autoestrada AP-9, que conta con dous ramais, un que vai cara ao sur e conecta a cidade con Santiago, Pontevedra, Vigo e Portugal (mesmo itinerario que cobre a N-550), e outro ramal que se desvía en dirección norte e cruza as localidades de Miño e Pontedeume para chegar a Ferrol. A autoestrada entra na cidade a través da Avenida de Afonso Molina, que é o principal acceso da cidade e chegou a ter máis de 140 000 vehículos diarios.[55] Cos novos accesos, o tráfico reduciuse a 120 000 vehículos.[56]
- A autoestrada AG-55, cara a Arteixo, A Laracha e Carballo. A autoestrada entra na cidade pola Avenida de Arteixo.
Os aproximadamente 600 000 habitantes e as industrias que están dentro da zona de influencia das catro rías (A Coruña, Sada-Betanzos, Ares e Ferrol) comunícanse por estrada nun tempo de 30 minutos.
Ferrocarrís
[edit | edit source]A estación da Coruña, coñecida tamén como estación de San Cristovo, remodelada en 1991, concentra o tráfico ferroviario da cidade e está situada no centro. Dende A Coruña parten tres liñas de longa distancia de Renfe Operadora: a Madrid e Barcelona con dous servizos diarios, a Bilbao e Irún cun servizo diario, e a Alacant cun servizo os sábados. A estas liñas súmanse os corredores rexionais de Renfe con Santiago, Monforte, Ferrol e Pontevedra e Vigo; o tráfico con esta última cidade sumou en 1999 a cantidade de 450 000 viaxeiros aproximadamente. Está en servizo o tren de alta velocidade entre a cidade e Ourense, pasando por Santiago, e a Pontevedra e Vigo a través do eixe atlántico que conectará con Portugal, e a Madrid, o que completará o servizo ferroviario da Coruña.
Existe asemade outra pequena estación na parroquia de Elviña, chamada Elviña-Universidade, que da servizo á Universidade da Coruña e a devandita parroquia; e unha estación de mercadorías que serve ó porto, chamada estación de San Diego. As principais actividades desta última son a exportación de madeiras, ferro, cinc, carbón e contedores procedentes do porto.
Está en proxecto unha estación intermodal a modo de intercambiador, que concentre ademais ós buses interurbanos e que contaría tamén cunha parada de metro lixeiro[57].
Porto
[edit | edit source]- Artigo principal: Porto da Coruña.
A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. O porto sufriu varias ampliacións e procesos de modernización e ademais construíuse un porto exterior no oeste da cidade, en punta Langosteira, para aumentar a súa capacidade. O novo porto iniciou o seu funcionamento en 2012.[58] O Porto da Coruña, matrícula de provincia marítima CO, é un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coke) e contedores. É o segundo de España en canto a pesca fresca desembarcada, só despois do de Vigo, con 43.108 toneladas no 2009. No ano 2009 movéronse 1 460 316 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un decrecemento total do -13,31% respecto o 2008, o que o converte no segundo porto de mercadorías de Galicia, tras o de Vigo, con 3 073 507 toneladas, e seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (562.555 toneladas).[59] Este tráfico está dividido en:
- Graneis líquidos, con 6 820 497 toneladas no 2009. Destaca o crecemento en Petróleo Cru, e o descenso en gasolinas, debido á forza da divisa europea que dificulta as exportacións no sector.
- Graneis sólidos, con 3 215 589 toneladas no 2009 e centrado no trigo, o millo e o carbón, con tendencia descendente.
- Mercadorías xerais, con 1 460 316 toneladas no 2009, protagonizadas pola palanquilla, alambrón e ferros.
- Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, a sumar á existente tradicionalmente con OPDR. O notable incremento nas mercadorías xerais está a diversificar o traballo portuario, e proporciona máis opcións de crecemento.
- Pesca fresca, con 43 108 000 kg.
- Tráfico de cruceiros, con 53.574 pasaxeiros no 2009, nuns 60 cruceiros.
Recentemente comezou a construción do Porto Exterior da Coruña no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra da cidade.
Aeroporto
[edit | edit source]- Artigo principal: Aeroporto da Coruña.
A Coruña conta cun remodelado aeroporto, coñecido como aeroporto de Alvedro código de IATA LCG, situado a 10 km do centro da cidade, no concello de Culleredo. Conta cunha reducida pista de 1,9 quilómetros e un moderno sistema antinéboa, que entrou en servizo a comezos de 2008. Durante os últimos anos foi o aeroporto galego que máis creceu, duplicándose o número de pasaxeiros en tres anos[60] e alcanzando durante 2008 os 1 175 000 pasaxeiros, sendo o segundo aeroporto de Galicia que mellor soportou a crise aeroportuaria,[61] dando un balance positivo de crecemento no período 2004-2008 dun 205 % por número de viaxeiros.[62]
O aeroporto de Alvedro conecta a cidade herculina con varios destinos peninsulares, segundo a época do ano. Conta con conexións estables con Madrid-Barajas, Barcelona, Sevilla e Tenerife. Na época invernal existe conexión co aeroporto de Huesca (porta ós Pireneos). Tamén existen conexións internacionais cos aeroportos de Londres-Heathrow, París-Charles de Gaulle e Lisboa.
A proximidade do aeroporto da Lavacolla (30 minutos por autoestrada) permite que poida ser tamén empregado como plataforma complementaria das comunicacións aéreas da Coruña, e viceversa. Actualmente está en obras para amplia-la pista que, con 1.900 metros, é a segunda máis curta dos aeroportos comerciais de España trala do aeroporto de Donostia.
Autobuses e metro lixeiro
[edit | edit source]A estación de autobuses da Coruña dá servizo a preto de 25 000 pasaxeiros diarios. Unha media de 1.100 autocares operan cada día con destino a diferentes puntos de Europa, España e Galicia.
A cidade tamén conta cunha gran rede de autobuses, a máis densa de España, xa que ningún habitante se atopa a máis de 300 metros dunha parada. Conta con 24 liñas de autobús, explotadas pola Compañía de Tranvías da Coruña.[63] Os autobuses levan GPS, nas paradas máis importantes hai paneis onde se informa dos minutos que hai que agardar para o próximo bus, tamén consultable vía móbil.[64][65]
A recuperación do tranvía urbano circundando o extenso paseo marítimo da cidade, pretendeu crear unha infraestrutura ferroviaria básica para a consolidación dunha rede de Metro Lixeiro[66] a medio prazo, con 3 liñas proxectadas: Monte Alto-Universidade, Os Rosales-Praza de Pontevedra, e outra circular con dúas ramificacións —a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal. O proxecto inicial foi trocado por un tranvía turístico que só operaba os meses do verán e que dende entón foi perdendo frecuencias e extensión para estar limitado ao percorrido dende as cocheiras de Monte Alto ata Riazor. O servizo foi suprimido en xullo de 2011.[67][68]
Servizos municipais
[edit | edit source]EMALCSA é a centenaria empresa municipal concesionaria do servizo da auga na Coruña e nos concellos de Arteixo, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo, Cambre e Carral. A auga provén do Encoro de Cecebre e potabilízase no ETAP da Telva.[69] O ciclo da auga remata na EDAR de Bens.[70]
Cespa é a concesionaria da recollida do lixo e reciclaxe. O lixo recóllese en colectores separados: nun a parte orgánica (de cor verde) e noutro inorgánica (capa laranxa). A parte orgánica é tratada por Albada na planta de Nostián, onde se produce compost e biogás para consumo da propia planta. Os refugallos do proceso de reciclaxe rematan no vertedoiro de Gestán en Sobrado e na incineradora de Sogama en Cerceda. Hai tamén colectores para recollida selectiva de papel-cartón (cor azul) e vidro (cor verde). O concello ten puntos limpos en varios sitios da cidade (Eirís, A Grela, Pocomaco e Ronda Outeiro) onde os cidadáns poden achegar cascallos, mobles, plástico, pneumáticos, pilas e baterías, aceites usados, electrodomésticos ou restos de poda.[71]
Outras infraestruturas
[edit | edit source]Dende o ano 2009 a cidade ten un servizo público de alugamento de bicicletas. EMVSA e o concello poñen á disposición dos usuarios da tarxeta Millennium[72] o alugamento en diversos puntos da cidade.[73]
O concello está a colaborar na promoción e no uso do coche eléctrico, por diversos aparcadoiros da cidade hai tomas para a recarga de coches eléctricos.[74] No aeroporto de Alvedro é posible alugar coches eléctricos por un prezo de 15 euros diarios.[75]
Cultura
[edit | edit source]Toponimia
[edit | edit source]Brigantium
[edit | edit source]O topónimo máis antigo, Brigantium, usado polos romanos a partir da denominación local, considérase xeralmente de orixe celta[76], onde se identifica un derivado da raíz indoeuropea *bher- ‘levar’, ‘elevar’, ‘altura’[77] (véxase o irlandés antigo brí, galés bre, bretón bre, córnico bre, todos co significado de ‘outeiro’, e nas linguas xermánicas berg ‘monte’, burg ‘cidade’). Este topónimo relaciónase co substrato celta hispano -briga (Conimbriga, Mirobriga, Vollobriga, Nemetobriga)[78] e -bre, presente en topónimos galegos como Sillobre, Barallobre, O Grove etc.[79][80]
Faro
[edit | edit source]A Brigantium seguiuno Faro, topónimo procedente do senlleiro faro romano, que provén do latín pharum e este do grego, con orixe no nome da illa de Pharos. Este novo topónimo debeu de comezar a rivalizar co prerromano de Brigantium pouco despois de erguer a torre e tras un tempo de convivencia rematou por substituílo.[80]
A Coruña
[edit | edit source]Gonzalo Navaza defende que o topónimo A Coruña naceu no século XIII. En 1208 o rei de Galicia e León Afonso IX fixo concesión dunha carta foral á veciñanza de Faro, nome da vila, que substituíra anteriormente a Brigantium. Nesa época as motivacións dos reis para elixiren un novo topónimo debíanse a criterios augurais ou de prestixio. O topónimo aparece rexistrado na carta foral en latín como Crunia, aparentemente tomado da Historia Turpini, o libro IV do Códice Calixtino.[80]
Porén, Fernando Cabeza Quiles defende que o topónimo podería vir dunha raíz indoeuropea *k-r 'pedra', 'rocha', en alusión ás características rochosas do contorno da Torre de Hércules, torre construída sobre unha pena ou unha rocha. Tampouco se pode desbotar a hipótese de que derive dun substantivo celta igual ou parecido ao de *clunia 'pradería', 'lugar húmido', 'fonte', topónimo similar ao francés Cluny.[81]
O topónimo histórico e tradicional da cidade é A Cruña[82][83], sendo a forma aceptada e empregada pola Real Academia Galega no pasado.[84][85] A forma A Coruña, oficial e de uso habitual, é unha evolución epentética da forma A Cruña.[86]
En Galicia, no estado español e na Unión Europea a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada.[87][88]
O 21 de decembro de 1989 o Tribunal Constitucional ditaminou que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos de Galicia e de Cataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O 2 de novembro de 2004 o Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da forma La Coruña amparándose na Lei de grandes cidades. No outono de 2005 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulos estes acordos do concello sobre toponimia[89].
Finalmente, o Concello da Coruña decidiu adoptar o topónimo A Coruña para tódalas xestións e como nome oficial da cidade, abandonando así os seus intentos de conservar o topónimo en castelán[90].
Entre os exónimos da cidade destacan La Corogne en francés, o inglés arcaico The Groyne e o máis recente Corunna. O habitante da Coruña recibe o xentilicio de «coruñés/coruñesa» alén dos alternativos «herculino/herculina» ou «brigantino/brigantina»,[91] e tamén de xeito popular e informal «cascarilleiro/cascarilleira».[92]
Educación
[edit | edit source]- Véxase tamén: Universidade da Coruña.
A Universidade da Coruña ten a súa sede e varios campus na Coruña (Elviña, A Zapateira, Riazor e Oza), aínda que tamén en Ferrol e Oleiros (Bastiagueiro). Actualmente estudan na Universidade máis de 24.000 estudantes, cun aumento de matriculados do 6 % no curso 2010/11.[93] Ademais, a Universidade oferta titulacións únicas en Galicia e mesmo na zona noroeste da Península, como son Podoloxía, Arquitectura, Arquitectura técnica, Socioloxía e Ciencia Política e da Administración, Deseño Industrial, Enxeñaría Naval (Ferrol) ou Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.
Na cidade tamén hai un centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia e coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Patrimonio arquitectónico
[edit | edit source]O barrio da Mariña constitúe unha das zonas máis belas da Coruña, situado xunto ao porto. Nas fachadas das casas deste barrio sitúanse as famosas galerías que lle deron renome mundial, ata tal punto que a cidade é coñecida como "A Cidade de Cristal".
Estas galerías, típicas das Rías Altas, empezáronse a construír a finais do século XVIII e principios do século XIX para protexer terrazas e balcóns do vento e da brisa mariña. Posúen detalles e adornos minuciosos, nos que predominan os contrastes de brancos, verdes e vermellos.
No conxunto histórico da Cidade Vella atópanse:
- A Real Colexiata de Santa María do Campo (s. XIII), que pertence ao románico de transición ao gótico. Hai que destacar a portada principal e as figuras interiores.
- A igrexa de Santiago (s. XII), románica. Destacan a portada de Santiago e os capiteis, escudos e sepulcros no interior.
- Convento de San Domingo (s. XVIII), de estilo barroco galego e planta de cruz latina.
- Praza das Bárbaras, onde se atopa o convento das Clarisas.
- Xardín de San Carlos, coa tumba de sir John Moore. Preto deles está ademais o Castelo de Santo Antón (s. XVI), museo provincial.
Nos Xardíns de Méndez Núñez e nas súas proximidades están o Obelisco dos Cantóns e os monumentos a Emilia Pardo Bazán e a Curros Enríquez, entre outros.
Fóra destas áreas están o Castro de Elviña, o Palacio de María Pita (Palacio Municipal) ou a Casa do Sol. Así mesmo existen outros monumentos de arte contemporánea, entre os que destacan o Obelisco Millenium, inaugurado no ano 2000 e que representa a historia da cidade e de Galicia, e a Fonte dos surfistas.
A Torre de Hércules
[edit | edit source]- Artigo principal: Torre de Hércules.
A Torre de Hércules é sen dúbida o monumento máis coñecido e visitado da cidade.[94] Situada nunha pequena península, ten unha altura de 55 metros e é o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.[95] Aínda que durante moito tempo considerouse que fora construída no século II durante a época de Traxano, escavacións máis recentes puxeron de manifesto que a súa construción puido realizarse moito antes, entre os mandatos de Claudio e Domiciano, ou mesmo no ano 4 a.C. baixo o mandato de Augusto.[96][97] Nunha inscrición na pedra consta o nome de C. Servius Lupus, arquitecto da rexión de Lusitania, e a dedicación da torre a Marte Augusto. A fachada actual, neoclásica é froito da súa restauración no século XVII. Pódese acceder ao alto da torre por unha escaleira interior de 239 chanzos. Desde alí hai unhas magníficas vistas da ría e a cidade da Coruña.
O 27 de xuño de 2009 a Torre e a súa contorna foron proclamadas Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO.[98]
Xunto á torre atópase un parque escultórico coa "Rosa dos Ventos" de Xabier Correa Corredoira (1994), que inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión, que foi derrotado por Hércules segundo a lenda.
Paseo marítimo
[edit | edit source]- Artigo principal: Paseo marítimo da Coruña.
A Coruña conta co paseo marítimo urbano máis longo de Europa[99], con preto de 10 quilómetros continuos á beira do mar. Cando se termine medirá máis de 13 quilómetros. O paseo marítimo pasa por moitos lugares de interese na cidade, como a Domus, o Aquarium Finisterrae, a Torre de Hércules ou o Castelo de Santo Antón, podéndose percorrer a pé, automóbil, bicicleta ou tranvía.
A apertura do último tramo do paseo marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do océano Atlántico. Cómpre destacar o Ascensor panorámico do Monte de San Pedro. Os seguintes tramos en construción e proxección traspasan xa os límites do concello da Coruña, transformando zonas en espazos de esparexemento e lecer.
Patrimonio cultural
[edit | edit source]A Coruña conta cun bo número de museos adicados a diversas temáticas, entre os que descatan os denominados Museos Científicos Coruñeses, integrados pola Casa das Ciencias (cunha exposición interactiva adicada ás ciencias e un Planetario), a Domus (cunha exposición interactiva adicada ao ser humano), e o Aquarium Finisterrae ou Casa dos peixes. Entre os museos artísticos salientar o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC),[100] que reúne unha importante mostra do denominado "movemento renovador" de artistas galegos; o Museo de Belas Artes, que conta cunha ampla colección de gravados de Goya; ou o Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo, situado nun edificio deseñado por Manuel Gallego Jorreto.[101] O Museo Arqueolóxico e Histórico, situado no Castelo de Santo Antón, conta con numerosas pezas procedentes de sitios arqueolóxicos de toda a provincia, así como mostras dunha ampla colección de escultura medieval. En 2012 inaugurouse o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).[102] Na Cidade Vella atópase tamén o Museo Histórico Militar.[103]
Existe tamén un conxunto de casas museos[104] dedicadas a persoeiros que residiron na cidade. Pódese visitar a casa na que viviu Pablo Ruiz Picasso entre 1891 a 1895 convertida en casa museo e onde se expoñen 27 reproducións das obras que fixo estando na Coruña, cidade na que fixo a súa primeira exposición. Son retratos e caricaturas que o novo artista (entón tiña 12 anos) fixo para a revista "La Coruña"[105][106]. As outras casas museos son as de María Pita, Emilia Pardo Bazán e Casares Quiroga.[104]
Ademais dos museos existen na cidade varias salas de exposicións, como o Kiosco Alfonso,[107] a Casa da Cultura Salvador de Madariaga,[108] o Forum Metropolitano[109] e o Palacio de María Pita,[110] todos de titularidade municipal, ou as salas de varias fundacións, como a Luis Seoane, a Barrié e AFundación.[111] Tamén existen espazos para exposicións en PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos)[112] e no Club Financiero Atlántico.[113]
Entre as galerías de arte situadas na cidade están Galería Ana Vilaseco, Galería de Papel, Galería Pardo Bazán, Atlántica, Arte e Imaxe, Coarte, Rincón Coruña Arte e A Tecedeira.
Conta ademais con oito bibliotecas municipais.
Etnografía
[edit | edit source]Música e danza
[edit | edit source]A cidade da Coruña é un dos principais centros musicais de Galicia. A primeira orquestra sinfónica de Galicia, a Orquestra do Círculo de Artesáns creada pola Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos en 1847,[114] aínda que se teñan novas da existencia dunha orquestra na década de 1820 no vello Teatro de Ópera da rúa da Franxa.[115] ela atópanse algunhas das máis importantes institucións musicais galegas, entre as cales destaca a sede (no Palacio da Ópera) da Orquestra Sinfónica de Galicia, creada en 1992 polo Concello da Coruña.[116] Outra institución destacada na cidade é a Coral Polifónica El Eco, fundada en 1881 por Pascual Veiga, que é a coral en activo máis antiga da Península Ibérica.[117] Outras orquestras e agrupacións na cidade son a Banda de Música Municipal da Coruña (con concertos regulares), a Orquestra de Cámara Galega (fundada en 1995), ou a Orquestra Gaos (fundada en 2009).[118]
No que fai referencia ao ensino musical, na Coruña atópase un dos dous Conservatorios Superiores de Música que existen en Galicia, o COSMAC (Conservatorio Superior de Música da Coruña), que conta coas diferentes especialidades de interpretación musical nos distintos instrumentos empregados na música académica, composición, pedagoxía musical e jazz (xénero de tradición nos últimos anos na cidade[119][120]). Amais do COSMAC, A Coruña conta cun Conservatorio Profesional de Música e unha Escola de Música Municipal fundada en 1998,[121] e tamén con diversas institucións e escolas de ensino musical privadas como o Conservatorio do Colexio Liceo La Paz.[122]
Na cidade da Coruña hai oferta de festivais musicais ao longo do ano, como a Temporada Lírica,[123] sucesora do Festival Mozart (desaparecido en 2014)[124] e do Festival de Ópera da Coruña,[125] ou o Noroeste Pop Rock.[126] O Ciclo de Jazz da Fundación Barrié tivo dezasete edicións, entre 1995 e 2012.[127] A Coruña tamén foi sede de xiras internacionais no recinto do Coliseum,[128] no pavillón do Pazo dos Deportes[129] ou no estadio de Riazor.[130]
A Coruña é a sede do Centro Coreográfico Galego[131] e conta cun Conservatorio de Danza de titularidade provincial.[132] Os distintos teatros da cidade adoitan incluír espectáculos de danza dentro das súas programacións anuais.[133]
Teatro e cine
[edit | edit source]Na cidade da Coruña existe unha importante actividade teatral,[134] desenvolvida principalmente no Teatro Rosalía[135] e no Teatro Colón.[136]
O concello xestiona ademais o Fórum Metropolitano e o Centro Ágora.[137] O primeiro é sede de programas estables de teatro que tamén busca apoiar novas propostas[138] como a Mostra de Teatro Independente e o Teatro Universitario.[139] O Centro Ágora conta cun auditorio preparado para acoller teatro, ópera, música sinfónica, ballet etc.[140]
Cómpre salientar tamén o Festival Manicómicos, un festival de teatro cómico impulsado pola Asociación Cultural Manicómicos,[141] e outras compañías como Teatro del Andamio.[142]
A Coruña conta cos cines Yelmo Cineplex Los Rosales (13 salas),[143][144] Yelmo Cines Espacio Coruña,[145][146] Cinesa Marineda City 3D (12 salas)[147][148] e Cantones Cines[149][150] situados en centros comerciais, ademais das dúas salas do Fórum Metropolitano[138] e a do Centro Galego de Artes da Imaxe.
Festas e celebracións
[edit | edit source]- O Entroido ten a súa orixe no século XIX, coas ruadas e a representación dos apropósitos.[151] A área principal da festa é o barrio de Monte Alto e a rúa da Torre,[152] onde ten lugar o desfile de choqueiros.[153]
- Noite de san Xoán, coa queima das fogueiras, festividade declarada de interese turístico internacional.[154] A festa, recuperada na década de 1970 foi trasladada ás praias o ano 1992[155] e en 2014 foi declarado por primeira vez festivo local o 24 de xuño.[156]
- O 16 de xullo celébrase a procesión marítima da Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.[157][158]
- A Feira das Marabillas[159] ten lugar desde 1995 na Cidade Vella a finais do mes de xullo (ver Galería de imaxes da Feira Medieval da Coruña)
- Festas de María Pita, que se celebran no mes de agosto dende 1887,[160] durante as cales teñen lugar eventos como a Feira de Artesanía Mostrart (dende 1985[161]), a Feira do Libro, o Festival de Habaneras e o Salón do Cómic.
- A Romaría de Santa Margarida celébrase tradicionalmente[162] na contorna do parque homónimo a última fin de semana de agosto.[163]
- Festa da Virxe do Rosario (patroa da cidade), o 7 de outubro.
Algúns barrios e lugares da cidade celebran tamén as súas propias festas, como Monte Alto,[164] Eirís[165] e Os Castros.[166][167]
A Coruña na literatura popular
[edit | edit source]- A unha muller da Coruña / non lle gustaba o touciño. / Empezou a comer no porco; / comeu do rabo até o fociño.[168]
- En Padrón hai boas nenas, / en Santiago a flor delas, / as da Cruña son fregonas.[169]
- Na aldea de Palavea / non entra carro ferrado / sinón o de Martiñán / cunha porca polo rabo.[170]
- Os botóns da túa chaqueta / non son de ouro nin de prata, / que os gañaches na Coruña / a vender tripas de vaca.[168]
- San Vicente pequeniño / anda no monte co gando, / a virxe de Pastoriza / ándallo arrecadando.[171]
- Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa e a Coruña divírtese.[172]
- Se queres que che eu escriba / mándame papel da Cruña, / mándame tinta e tinteiro, / mándame tamén a pluma.[173]
- Viva Cruña, viva Lugo, / viva Ourense e Pontevedra, / viva Galicia, irmauciños, / que pra nós no’hai millor terra.[174]
Símbolos
[edit | edit source]O característico escudo da cidade está moi presente no mobiliario público, representado en farois, papeleiras e ata no pavimento urbano. Está formado por un fondo azur, no que está representada a Torre de Hércules, asentada sobre unhas penas e acompañada de sete cunchas de ouro, postas tres a cada flanco e unha en punta. Hai que destacar a presenza dunha caveira con dúas mornas, simbolizando na mitoloxía o triunfo de Hércules sobre Xerión, cuxos restos enterraría nos cimentos do faro.
Segundo esta lenda, Hércules loitou contra Xerión, un rei de Troia. Hércules, que o viña perseguindo desde Cádiz, ao atopalo na península coruñesa, mantén con el unha loita cruel da que sae vencedor Hércules, decapitando o vencido Xerión nunha pequena península chea de grandes pedras, xunto ao mar. Na honra ao inimigo vencido, edificou encima a famosa Torre, que figura no escudo da Coruña desde 1521.[175]
Cidades irmandadas
[edit | edit source]A cidade da Coruña está irmandada coas seguintes cidades:[176]
- Brest[177]
- Cádiz:[178] Hai numerosas similitudes históricas entre A Coruña e Cádiz. Segundo o mito, as dúas cidades foron fundadas por Hércules. Ambas están situadas nunha península, foron colonizadas por Roma, e son defendidas por un castelo situado nunha pequena illa apenas unido á cidade por un istmo (o castelo de Santo Antón no caso da Coruña e o castelo de San Sebastián no caso de Cádiz). Foron desde o século XIX dous grandes bastións do liberalismo e máis tarde do republicanismo español da época. Ademais, ambas foron escenario de dúas grandes batallas das guerras napoleónicas, Cádiz coa batalla de Trafalgar (1805) e A Coruña coa batalla de Elviña (1808), e nas dúas foron derrotadas as forzas españolas e aliadas. Así mesmo, comparten a Virxe do Rosario como patrona.
- Caracas[179]
- Limerick
- Mar del Plata[177]
- Mariglianella[177]
- Recife[179]
Deporte
[edit | edit source]Na cidade destacan equipos profesionais como o Deportivo ou o Liceo. Ambos destacan pola súa presenza nas máximas categorías, polos seus títulos e polas participacións en competicións europeas.
Fútbol
[edit | edit source]O club de fútbol máis representativo da cidade é o Real Club Deportivo da Coruña, máis coñecido como Dépor, que milita na segunda división española. Fundado en 1906, o Deportivo foi campión de Liga na tempada 1999-00 e subcampión noutras cinco ocasións. Ademais foi campión da Copa do Rei en 2 ocasións e da Supercopa de España en 3.[180] O equipo disputou cinco tempadas consecutivas a Liga de Campións chegando a unha semifinal,[181] e tamén foi campión da Copa Intertoto en 2008. O Deportivo xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Riazor.
O seu equipo feminino, o Deportivo ABANCA, xoga na primeira división feminina. Durante a década de 1980 o Karbo Deportivo logrou cinco títulos [182] e foi considerado o mellor equipo de fútbol feminino de España.[183]
Ademais hai outros dous equipos de fútbol na terceira división, o Silva Sociedad Deportiva, que xurdiu en 1940 como un equipo afeccionado do barrio do mesmo nome e logrou na tempada 2013-14 o seu primeiro ascenso a Terceira. O outro é o filial do Deportivo, o Fabril. Existen ademais outros equipos con sede na cidade, que destacan polos seus equipos de fútbol base como o Victoria CF, o CD Calasanz, o Ural CF, o Oza Juvenil SD, o Orillamar SD, o Imperátor OAR, o Atlético Coruña Montañeros ou o Atlético Castros.
Desde 1946 celébrase no estadio de Riazor o Trofeo Teresa Herrera.[184]
Hóckey a patíns
[edit | edit source]Outro deporte moi relacionado coa cidade é o hóckey a patíns. O Hockey Club Liceo é o club deportivo máis laureado de Galicia,[185] con 20 títulos nacionais (7 Ligas, 10 Copas do Rei e 3 Supercopas) e 22 títulos internacionais (6 Copas de Europa, 3 Copas CERS, 2 Recopas de Europa, 6 Copas Continentais e 5 Copas Intercontinentais).[186]
Outro equipo destacado é o histórico A.A. Dominicos (gañador da Copa do Rei en 1990 e que durante moitas tempadas competiu na máxima categoría) que participa na segunda categoría do hóckey a patíns español.[187][188] O HC Borbolla de Monte Alto que compite na Primeira División Galega, xogou na división de prata na tempada 2010-11, finalizando na penúltima posición e descendeno ese meso ano.[189]
Outros deportes
[edit | edit source]Tamén destacan outras institucións doutros deportes como o Club de Baloncesto Leyma Basket Coruña, que xoga na liga ACB. En baloncesto tamén destacou o Club Bosco de Baloncesto que chegou a competir na 1ª división. O OAR A Coruña de balonmán foi fundado en 1952.[190] En natación están o Club Hércules Termaria, o Club do Mar de San Amaro e o Club Natación Coruña que tamén destaca no wáter-polo xunta ao club máis importante de Galicia, e a Asociación Coruñesa de Waterpolo. O Real Club de Golf da Coruña, situado na Zapateira, é un club de golf no que tamén se organizan outras actividades deportivas. O CRAT é o principal equipo de rugby masculino e feminino, o Towers Football de fútbol americano e o Fillos de Breogán de fútbol gaélico.
Ademais A Coruña ten diversas instalacións deportivas municipais como son o campo de golf situado ao pé da Torre de Hércules, un centro hípico, campos de fútbol, portos deportivos e diversos polideportivos, entre outras instalacións.
Nos últimos anos tomaron protagonismo os deportes acuáticos coa organización de diversas regatas e as prácticas, cada vez máis estendidas, de submarinismo e surf.
A cidade tamén conta con varios clubs de esgrima e esgrima histórica como o Club Esgrima Coruña[191], 100Tolos[192] e Academia da Espada[193].
Política e goberno
[edit | edit source]- Véxase tamén: Eleccións municipais na Coruña e Alcaldes da Coruña.
Durante vinte e tres anos o alcalde da Coruña foi o socialista Francisco Vázquez, que gobernou dende 1983 a 2006, cando deixou a alcaldía ao ser nomeado embaixador español no Vaticano polo goberno español.[194] Sucedeuno no cargo Javier Losada, quen gañou nos comicios de 2007 e gobernou ata 2011 en coalición co BNG.
Tralos comicios de maio do 2011, o alcalde da capital coruñesa foi Carlos Negreira do PPdeG, que se converteu na lista máis votada na cidade e conseguiu a maioría absoluta. As forzas políticas con representación municipal tralos comicios do ano 2011 foron: PPdeG (14 edís), PSdeG (8 edís), BNG (4 edís) e EU (1 edil). Esta última conseguiu representación na cámara municipal por primeira vez na súa historia.
Nas eleccións municipais de 2015 o PPdeG foi a lista máis votada, con tan só 27 votos máis cá Marea Atlántica. Xulio Ferreiro, da Marea, con 10 edís, acadou a alcaldía co apoio do PSdeG (6 edís) e o BNG (1 edil).
En 2019 o PPdeG volveu ser a lista máis votada por unha estreita marxe, desta volta de 410 votos sobre o PSdeG. Porén, este último fíxose coa alcaldía para a súa candidata, Inés Rey, ao sumar aos seus 9 concelleiros os votos da Marea Atlántica (6 concelleiros) e do BNG (2). Inés Rey converteuse na primeira muller alcaldesa da cidade en democracia.
Eleccións municipais, 2023[195] | |||||
Partido | Votos% | Concelleiros | Votos | ||
PPdeG | 36,54 | 12 | 42.181 | ||
PSdeG | 31,35 | 11 | 36.188 | ||
BNG | 13,64 | 4 | 15.754 | ||
Marea Atlántica | 4,87 | 0 | 5.627 | ||
Cs | 0,41 | 0 | 477 |
Partido político | 2023 | 2019[196][197] | 2015[198] | 2011 | 2007 | 2003 | 1999 | 1995 | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Votos% | Concelleiros | Votos | Votos% | Concelleiros | Votos | Votos% | Concelleiros | Votos | Votos% | Concelleiros | Votos% | Concelleiros | Votos% | Concelleiros | Votos% | Concelleiros | Votos% | Concelleiros | |
PPdeG | 36,54 | 12 | 42.181 | 30,34 | 9 | 37 930 | 30,90 | 10 | 36 885 | 43,62 | 14 | 31,43 | 10 | 24,06 | 7 | 24,69 | 7 | 36,31 | 10 |
PSdeG-PSOE | 31,35 | 11 | 36.188 | 30,02 | 9 | 37 531 | 18,34 | 6 | 21 874 | 26,66 | 8 | 35,00 | 11 | 45,70 | 14 | 56,34 | 17 | 51,52 | 15 |
BNG | 13,64 | 4 | 15.754 | 7,16 | 2 | 8950 | 5,71 | 1 | 6807 | 12,04 | 4 | 20,69 | 6 | 22,70 | 6 | 13,02 | 3 | 7,93 | 2 |
Marea Atlántica | 4,87 | 0 | 5.627 | 20,23 | 6 | 25 290 | 30,88 | 10 | 36 857 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
Cs | 0,41 | 0 | 477 | 5,80 | 1 | 7245 | 4,89 | 0 | 5830 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
EU | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 6,02 | 1 | 3,23 | 0 | 2,52 | 0 | 1,33 | 0 | 2,63 | 0 |
Galería de imaxes
[edit | edit source]- Artigo principal: Galería de imaxes da Coruña.
-
Primeira fotografía coñecida da Coruña, de 1858.[199]
-
Rosa dos ventos de Correa Corredoira (1994).
-
Vista xeral do istmo da Coruña dende o Monte de San Pedro.
-
Anoitecendo dende a praia de Riazor.
-
Monumento de Acisclo Manzano no Parrote, en homenaxe aos nenos da Real Expedición Filantrópica da Vacina.
-
Sepultura de Sir John Moore.
-
Galerías da Mariña, no porto.
-
Plano de Santans y Tapia do ano 1639. Primeiro coñecido da cidade.
-
Vista dende o ar.
-
Palmeiral dos Xardíns de Méndez Núñez
Notas
[edit | edit source]- ↑ "Lei 2/1998, do 3 de marzo" (PDF). BOE. Consultado o 3 de maio de 2021.
- ↑ Fernández Caamaño, José M. (22 de febreiro de 2015). "La Real Audiencia y Capitanía General". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2015.
- ↑ "El jefe de la Región Militar confirma la supresión de Capitanía". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 29 de decembro de 2015.
- ↑ Turismo da Coruña, nace así a Cidade de Cristal
- ↑ 5,0 5,1 "Nomenclátor de Galicia. Busca guiada". Xunta de Galicia. Consultado o 13 de xuño de 2016.
- ↑ "Las zonas rurales de la ciudad proceden del antiguo municipio de Oza, anexionado en 1912". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016.
- ↑ Gutierrez, Jose Manuel (9 de agosto de 2012). "La anexión que hizo crecer la ciudad". La Opinión A Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2015.
- ↑ Mirás Araujo, Jesús (15 de novembro de 2007). "Crecimiento urbano y transformaciones en la localización de la actividad económica en A Coruña, 1914 - 1935". Scripta Nova (en castelán) (Universidad de Barcelona) XI (252). ISSN 1138-9788.
- ↑ 9,0 9,1 "Nomenclátor de Galicia. Ano 2015". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 13 de xuño de 2016.
- ↑ "La Coruña" (Mapa). topographic-map.com (en castelán). Consultado o 13 de xuño de 2016.
- ↑ Consellería do Medio Rural (10 de xuño de 2009). "ORDE do 2 de xuño de 2009 pola que se declaran, de xeito provisorio, como espazo natural de interese local as Illas de San Pedro, no concello da Coruña, na provincia da Coruña." (PDF). Diario oficial de Galicia (112): 9946–9947.
- ↑ La ciudad de A Coruña mantiene sus cinco playas con bandera azul
- ↑ Blanco Parga, Manuel (debuxante); Sánchez Canals, Bartolomé (director do proxecto) (1999). Mapa eclesiástico da arquidiócese de Santiago. Ano 1999 - Xubilar compostelán (Mapa). 1:135.000. Arcebispado de Santiago de Compostela. ISBN 84-923715-1-X.
- ↑ "A Coruna". World Weather Information Service (en inglés). Organización Meteorolóxica Mundial. Consultado o 13 de xuño de 2016.
- ↑ "Guía resumida del clima en España (1981-2010)" (en castelán). Axencia Estatal de Meteoroloxía. Consultado o 13 de xuño de 2016.
- ↑ Secretaría General Técnica, Ministerio de Administraciones Públicas (2008). Variaciones de los Municipios de España desde 1842 (PDF) (1.ª ed.). Madrid: Gobierno de España. Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 A Coruña aumenta o seu padrón grazas á poboación estranxeira
- ↑ "Panorama dos sete grandes concellos. Poboación. A Coruña". IGE. 1-1-2015. Arquivado dende o orixinal o 16-11-2018. Consultado o 2-5-2016.
- ↑ "Panorama dos sete grandes concellos. Poboación". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2017. Consultado o 16 de xuño de 2019.
- ↑ ""Os topónimos cóntannos o que eramos e o que agora ninguén lembra"". La Opinión A Coruña. Consultado o 2020-09-11.
- ↑ "Texto Refundido da Ordenanza de Conservación e Rehabilitación de Inmobles do Concello da Coruña. Artigo 94. Subvencións na Área de Centro Histórico" (PDF). Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 226. 28 de novembro de 2011. p. 37. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de marzo de 2015. Consultado o 23 de outubro de 2015.
Na Área de Centro Histórico, coincidente co ámbito regulado polo Plan Especial de Protección da Cidade Vella e Peixaría, as subvencións a conceder serán as seguintes, co límite que se estableza en cada un dos convenios [...]
- ↑ "Pescaría, Pescadaría, Pescadería". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-09-12. Consultado o 2020-09-11.
- ↑ 23,0 23,1 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia.
- ↑ "Densidad demográfica de los distritos del municipio de A Coruña" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2013.
- ↑ Ordeig Corsini, José María (2009). La Coruña. Desarrollos urbanos 1940/2000. Catálogo. Universidade de Navarra.
- ↑ 28,0 28,1 "Visor SIGPAC". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 23 de agosto de 2013.
- ↑ Larramendi, Fundación Ignacio. "Biblioteca Virtual de Polígrafos". www.larramendi.es (en castelán). Consultado o 2023-02-11.
- ↑ "Jefe de guerrillas en León durante la ocupación napoleónica". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016.
- ↑ 31,0 31,1 "La Voz de Galicia. A manifestación máis multitudinaria da historia coruñesa cumpre 25 anos". Arquivado dende o orixinal o 16/08/2011. Consultado o 26/10/2010.
- ↑ Manuel Vázquez Sola (12 de outubro de 2007). El País, ed. "A Coruña desplaza a Vigo como primer área empresarial de Galicia". Consultado o 8 de decembro de 2013.
- ↑ "Asociación Zona Obelisco". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ El resurgir de una referencia comercial
- ↑ Rodríguez, Rubén D. (25 de maio de 2015). "El Soho que limpió el ´barrio chino´". La Opinción da Coruña (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ Uno de cada cinco locales de las cuatro principales calles comerciales está vacío
- ↑ Distrito Picasso
- ↑ La clientela del barrio consigue evitar los cierres en la calle de Barcelona
- ↑ "A Coruña es la ciudad con la calle comercial más transitada de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ Mercados municipais
- ↑ Un camino iniciado por Carrefour y Alcampo en 1985 que llegó a Carballo siete años después
- ↑ "Guía de empresas". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ Escudero Gómez, Luis Alfonso. "Los centros comerciales de A Coruña, nuevos lugares de ocio y de compra". Treballs de la Societat Catalana de Geografia (en castelán) XII (45). Consultado o 28 de decembro de 2015.
- ↑ El centro comercial Dolce Vita ultima los detalles para su apertura
- ↑ La ciudad sumará con Espacio Coruña su décimo centro comercial
- ↑ Marineda City abre puertas
- ↑ Cierra el segundo centro comercial más grande de A Coruña
- ↑ "Los Cantones Village". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2018.
- ↑ El Puerto Centro Comercial y de Ocio
- ↑ El centro de ocio se abrirá al mar
- ↑ Centros comerciais
- ↑ Fallece Sergio Peñamaría de Llano, alcalde de la ciudad entre 1959 y 1963 Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (18/1/2011). "A Coruña recibiu en 2010 un millón e medio de visitantes, un 7,25% máis".
- ↑ "Inés Rey presenta la imagen turística de la ciudad en Fitur, cuyos protagonistas son los propios coruñeses". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 2024-09-16.
- ↑ "Fomento prevé dobrar o número de carrís nun tramo de Afonso Molina - La Opinión A Coruña".
- ↑ Rodríguez, Ana (25 de novembro de 2015). "Fomento y Concello pactan revisar los datos de tráfico de Lavedra para cerrar el proyecto". La Opinión de A Coruña. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ "Proxecto da estación Intermodal da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 24 de marzo de 2008.
- ↑ "El 'Blue Marlin' inicia el transporte del 'Canberra' de A Coruña a Melbourne" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Estatísticas de tráfico portuario Arquivado 30 de xuño de 2010 en Wayback Machine., Puertos del Estado.
- ↑ "Alvedro é o Aeroporto que máis creceu, máis dun 51,8%". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ "Saídas directas" (PDF).
- ↑ "Alvedro crece un 200% desde 2004" (PDF).
- ↑ Compañía de Tranvías da Coruña
- ↑ Posición dos buses e tempo de espera en cada parada
- ↑ Tranvías da Coruña, posición dos buses e horarios
- ↑ "Proxecto do Metro Lixeiro da cidade da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2008. Consultado o 24 de marzo de 2008.
- ↑ El Ayuntamiento aplaza el reinicio del tranvía hasta el fin de las obras previstas en el paseo
- ↑ Tranvía turístico (suspendido o servizo ata novo aviso)
- ↑ "Páxina web Empresa Municipal Aguas de La Coruña (Emalcsa)". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ "Xunta de Galicia, Augas de Galicia EDAR de Bens (A Coruña)". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ "Páxina Web de Albada, planta de tratamentos de residuos da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 05 de xullo de 2012.
- ↑ "Tarjeta Millenium" (en castelán). Consultado o 19 de maio de 2024.
- ↑ Bicicoruña, aluguer de bicicletas Arquivado 20 de xuño de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ A Coruña estrea a primeira rede intelixente de cargadores eléctricos para vehículos na súa aposta pola sustentabilidade e a mellora da calidade do aire.
- ↑ MOBEGA. Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) Arquivado 30 de xuño de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ Nieto Ballester, Emilio (1997). Breve diccionario de topónimos españoles. Alianza Editorial. ISBN 9788420694870.
- ↑ Pokorny, Julius (1959). Indogermanisches Etymologisches Wörterbuch. Francke.
- ↑ Gorrochategui Churruca, Joaquín (1997). Gallaecia e as linguas prerromanas da Península Ibérica. Museo do Pobo Galego.
- ↑ Moralejo Lasso, Abelardo (1977). Toponimia gallega y leonesa. Editorial Pico Sacro. ISBN 9788485170203.
- ↑ 80,0 80,1 80,2 Navaza, Gonzalo (2016). Universidade da Coruña, eds. "A orixe literaria do nome da Coruña". Revista Galega de Filoloxía 17: 119–164. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873.
- ↑ Cabeza Quiles, F. (2008): Toponimia de Galicia. Vigo. Galaxia. ISBN 978-84-9865-092-1.
- ↑ Xosé Ramón Freixeiro Mato. "O topónimo A Coruña" (PDF). A recuperación da topoantroponimia e a perda de referentes culturais para a mocidade. p. 203.
- ↑ Consello da Cultura Galega. "O topónimo A Coruña" (PDF).
- ↑ Real Academia Galega (1913-1928). "Alma". Diccionario gallego-castellano.
A Cruña ten mais de 60.000 almas
- ↑ Real Academia Galega (1970). Normas Ortográficas do Idioma Galego.
- ↑ Xunta de Galicia. Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolemento Rural. "A toponimia en Galicia: Nomenclátor de Galicia, Proxecto Toponimia de Galicia". p. 52. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2014.
*Coruña < Cruña (epéntese)
- ↑ "La Comisión Europea cambia textos para incluir el topónimo A Coruña". La Opinión (en castelán). 16 de decembro de 2011. Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ "Ley 2/1998, 3 de marzo, sobre el cambio de denominación de las provincias de La Coruña y Orense." (en castelán). BOE. 4 de marzo de 1998. Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ "Véxase a resolución do Tribunal Superior de Xustiza sobre o topónimo". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2008. Consultado o 24 de marzo de 2008.
- ↑ "El Ayuntamiento renuncia a la vía judicial para defender el topónimo "La Coruña"". Faro de Vigo (en español). 8 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2011. Consultado o 08 de xullo de 2008.
- ↑ "Brigantino no Dicionario de Dicionarios". Instituto da Lingua Galega. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "Cascarilleiro, el apodo con aroma a cacao". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de febreiro de 2002. Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ La Opinión (A Coruña). "La Universidad aumenta un 6% el número de matriculados 2010/2011" (en castelán).
- ↑ "Datos estatísticos". torredeherculesacoruna.com. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Descrición". torredeherculesacoruna.com. Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ Gutiérrez, José Manuel (5 de xuño de 2009). "Demasiado pronto para Trajano". La Opinión (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ Mariñas, Carmen (5 de xullo de 2019). "La torre de Hércules fue construida 100 años antes de lo que se pensaba". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2021.
- ↑ "Tower of Hercules". UNESCO (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2015.
- ↑ Artigo sobre o Paseo Marítimo da Coruña
- ↑ "Quiénes somos". Gas Natural Fenosa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "Museo de Arte Sacra da Colexiata". Turismo Coruña. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "Alberto Núñez Feijóo acompañou aos Príncipes de Asturias na inauguración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña". Xunta de Galicia. 4 de maio de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ Museo Histórico Militar da Coruña
- ↑ 104,0 104,1 "Casa Museo Emilia Pardo Bazán". Concello da Coruña. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ Picasso en A Coruña - la formación de un genio (en castelán)
- ↑ A Coruña que vivió y pintó Picasso. La Voz de Galicia (en castelán)
- ↑ Kiosco Alfonso
- ↑ Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga
- ↑ Fórum Metropolitano
- ↑ Sala de exposicións do Palacio Municipal
- ↑ AFundación
- ↑ Palacio de Exposicións e Congresos - Palexco
- ↑ Club Financiero Atlántico
- ↑ Crisanto Gándara, Xosé (17 de maio de 2013). "La primera orquesta sinfónica de Galicia" (en castelán). mundoclasico.com. Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ Carreira, Xosé M. (1985). "ALBERTO GARAIZABAL MACAZAGA (1875-1947) Y LA VIDA MUSICAL DE A CORUÑA" (PDF) (en castelán). p. 215. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xullo de 2017. Consultado o 01 de maio de 2020.
- ↑ "Biografía y profesores" (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Coros de Espana (ed.). "Coral Polifónica “El Eco”". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 16 de novembro de 2013.
- ↑ Aguiar, Iván (25 de xuño de 2014). "La Orquesta Gaos y el coro han demostrado en cinco años que son un proyecto serio". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Club 1906, ed. (18 de decembro de 2012). "El Filloa Jazz Club de A Coruña cumple 32 años de historia". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2013.(en castelán)
- ↑ Paola Obelleiro (27 de xaneiro de 2008). El País, ed. "El jazz gallego coge poso". Consultado o 8 de decembro de 2013.(en castelán)
- ↑ "EMM". Concello da Coruña. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ "Sitio web do CAMP Liceo La Paz" (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ "Gala Lírica 2014-2014". Concello da Coruña. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Varela, Manuel (3 de maio de 2014). "La Sinfónica busca una alternativa a la desaparición del Festival Mozart". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ "A Coruña estrena la temporada lírica de Amigos de la Ópera y la Orquesta Sinfónica de Galicia con cinco óperas, un ciclo de grandes cantantes y un proyecto didáctico". Orquestra Sinfónica de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Rodríguez, Miguel (9 de xullo de 2015). "El Noroeste Pop Rock pasará de dos a cinco días y se repartirá entre la playa y la ciudad". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ "Ciclos de Jazz". Fundación Barrié. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Malvido, Gemma (25 de outubro de 2015). "La memoria del Coliseum". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Pereira, Nonito. "Tina Turner en Coruña - Octubre de 1990". TodoMúsica&Más. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Sáenz de Tejada, Ignacio (12 de xullo de 1993). "El 'Concierto de los mil años' fue como un curso de verano de rock en vivo". El País (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Centro Coreográfico Galego
- ↑ Conservatorio Profesional de Danza
- ↑ "Guía del ocio. El País". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "Guía del Ocio. El País". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ Teatro Rosalía de Castro
- ↑ Teatro Colón. En escena
- ↑ Actividades Fórum Metropolitano e Centro Sociocultural Ágora
- ↑ 138,0 138,1 Fórum metropolitano
- ↑ "Arranca el Festival Internacional de Teatro Universitario de A Coruña FITEUC 22". La Opinión de A Coruña (en castelán). 6 de abril de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ Ágora
- ↑ Festival manicómicos
- ↑ Teatro del Andamio
- ↑ "Cine Rosales". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "Páxinas galegas". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "Cine Espacio Coruña". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "Páxinas galegas". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ Cinesa
- ↑ "Páxinas galegas". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "Cantones Cines". Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ "Páxinas galegas". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ Quintía, Rafa (16 de febreiro de 2012). "Uns apuntamentos sobre o entroido galego". Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ El improvisado disfraz de un «choqueiro» gallego
- ↑ 'Choqueiros', desenfado y pasión para cerrar el carnaval más coruñés
- ↑ "Las Hogueras de San Juan de A Coruña, de Interés Turístico Internacional". Europapress (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "Un poco de historia de nuestra comisión promotora". Hogueras de San Juan. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ Gutiérrez, J. M. (25 de setembro de 2013). "San Juan será festivo local en A Coruña desde 2014". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ La Virgen del Carmen recorre la ciudad
- ↑ "Imaxes". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ "XXI Feira das marabillas". Cultura Coruña. Consultado o 2017-05-02.
- ↑ Ventureira, Rubén (2016). "28 de febreiro". Calendario Histórico A Coruña 2017 (en castelán). Asociación da Prensa da Coruña, Compañía de Tranvías da Coruña. ISBN 978-84-608-9887-0.
- ↑ "Mostrart". Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ NO-DO del 18 de septiembre de 1950. 18 de setembro de 1950. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ "Parque de Santa Margarita". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ Mamá Cabra inaugura las fiestas de Monte Alto que hoy continúan
- ↑ Eirís busca el origen de su fiesta
- ↑ "El pregón de Xulio Ferreiro abre las fiestas de Os Castros que lanzará el globo el sábado". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2015. Consultado o 06 de decembro de 2015.
- ↑ Camela cancela su recital previsto para hoy en Os Castros por falta de pago
- ↑ 168,0 168,1 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. pp. 61–62. ISBN 978-84-9812-210-7.
- ↑ Juan Sobreira Salgado: Papeletas, s. v. nena. No orixinal: hay.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 247. Recollida en Aranga (A Coruña). O único Palavea que recolle o Nomenclátor é o lugar da parroquia de Elviña no concello da Coruña; Martiñán debe ser un antropónimo.
- ↑ José Pérez Ballesteros, II, 291,18. No orixinal: anda n-o monte c'o gando, andall'o. O colector especifica que se refire a San Vicenzo de Elviña.
- ↑ Paz Roca, M.ª Carmen (2007). "Aínda novos manuscritos paremiolóxicos de Vázquez Saco" (PDF). Cadernos de Fraseoloxía Galega (Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro - Xunta de Galicia) (9): 264. ISSN 1698-7861.
Santiago reza, Pontevedra dorme, Vigo traballa i-a Coruña devírtese
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 146.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 162.
- ↑ Enciclográfica. "Escudo da Coruña" (en español).
- ↑ Paula Quintás (8 de decembro de 2022). "La gran familia de A Coruña: la ciudad está hermanada con siete lugares por todo el mundo". El Español (en castelán).
- ↑ 177,0 177,1 177,2 "Sabías que?" (PDF). #Coruña se mueve (Turismo Coruña) (5): 67. setembro/outubro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "A Coruña se hermanará con Cádiz la víspera del Día de la Pepa". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 2005. Arquivado dende o orixinal o 11/03/2016. Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ 179,0 179,1 Os irmanamentos dos concellos en Galicia Arquivado 01 de agosto de 2012 en Archive.is.
- ↑ "TÍTULOS". Real Club Deportivo da Coruña. Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ "OS MELLORES DE EUROPA SUCUMBEN EN RIAZOR". Real Club Deportivo da Coruña. Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ Karbo Deportivo, las guerreras blanquiazules del balón
- ↑ Karbor, las futbolistas que ganaron a los hombres
- ↑ "TROFEO TERESA HERRERA". Real Club Deportivo da Coruña. Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ Liceo Caixa Galicia
- ↑ "Sitio web oficial". Deportivo Liceo. Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ Gallen, Carles (5 de marzo de 1990). "1-2: La fiesta fue coruñesa". El Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ Varela, María (11 de maio de 2019). "El Dominicos vuelve a la élite". La Opinión (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ "Primera División 2010/11" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2020. Consultado o 1 de maio de 2020.
- ↑ El Club
- ↑ "Club Esgrima Coruña". Consultado o 27 de marzo de 2023.
- ↑ "100Tolos". Consultado o 27 de marzo de 2023.
- ↑ "Academia da Espada". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2023. Consultado o 27 de marzo de 2023.
- ↑ Zapatero nombra al alcalde de A Coruña nuevo embajador ante el Vaticano
- ↑ "BOE.es - Documento BOE-A-2019-11388". www.boe.es. Consultado o 2019-09-04.
- ↑ "BOE.es - Documento BOE-A-2019-11388". www.boe.es. Consultado o 2019-09-04.
- ↑ "Resultados Electorales en A Coruña: Elecciones Municipales 2019".
- ↑ "Consulta de resultados electorais - Municipais - Maio 2015 - Municipio de A Coruña". Ministerio do Interior de España. maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2020. Consultado o 21 de decembro de 2017.
- ↑ González, Ana (7 de setembro de 2022). "Planos históricos desvelan a localización da foto máis antiga da Coruña". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[edit | edit source]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[edit | edit source]- González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
- SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
Outros artigos
[edit | edit source]Ligazóns externas
[edit | edit source]- "Concello da Coruña".
- "Turismo Coruña".
- "A Coruña (móbil)". Cámaras web de Galicia. RTVG.